Un berro ao consumismo

Crítica ao consumismo en exceso.
Todo animal… consume distintas substancias e elementos, que se transforman ao tempo en novos organismos e estados da materia, configurando así un medio cun equilibrio realmente asombroso. A excepción é o ser humano. Somos o único animal que non atopa o equilibrio coa Natureza. Nai común imprescindible para a vida! Este animal chamado ser humano extermina todo o que o rodea co único propósito de consumir e acumular. Aniquilando así a súa propia vida para obter o desexado equilibrio. Si! Somos nós os culpables de non tomar medidas ante o comportamento irracional e desmedido de cara ao consumismo en exceso. Consumindo o necesario, e respectando os tempos da Natureza e a nós mesmos, poderemos atopar o equilibro, a pesar de que uns poucos traten de impedilo. Todo polo afán de control e dominio dos seus semellantes.

A única solución será vivir actuando e expresándonos con obras e feitos, non soamente coas verbas que se perden no espazo-tempo.

un-berro-ao-consumismo

Vidrorresina. Baleirado.