Estudo humano: somos o que facemos

Obra chea de simboloxía, unha definición crítica da raza humana que non é capaz de convivir en harmonía coa Natureza que lle dá a vida.

Unha voraz crítica ao ser humano e á devastación que provocamos, destruíndo sen conciencia algunha o mundo no que pisamos. Unha obra realizada con lixo, concretamente cos desperdicios arroxados ao mar por quen vive ou goza del. Lixo recollido nas nosas costas.

A miña irritación por este tipo de comportamentos queda plasmada na miña obra Somos o que facemos representando de forma simbólica a sociedade actual: a sociedade-lixo. Do que comes, crías.

estudo-humano-somos-o-que-facemos

Vidrorresina e lixarte. Baleirado. Medidas: 34 x 24 x 19 cm.

estudo-humano-somos-o-que-facemos-2

 

 

 

 

 

 

estudo-humano-somos-o-que-facemos