De mal en peor

Peza que representa un berro de denuncia social.

Un berro de auxilio dunha sociedade cega, dunha humanidade que perde a súa identidade e o seu propósito de ser, por mor dunha profunda falta de realización persoal.

O consumo como acción desmedida e des-meditada. Trátase dunha crítica á comida lixo e a todo o que ésta xera, comparándoa, botando unha ollada atrás, nun tempo non lonxano, cando a comida era escasa e a ignorancia sobre o que se podía comer facía que se estercasen as leiras con auténticos manxares. Agora son outros os cantares.

de-mal-en-peor

Granito, talla directa en pedra.

de-mal-en-peor-2